ASOCIACIÓN
"AMIGOS DA TERRA DE MONTES"
Beariz
Cerdedo
Forcarei

"O futuro da terra de montes é algo que envolve a todos, con proxectos ben feitos, vontade política e aforros (M.D.R)"

 


 

BENVIDA Á WEB DA ASOCIACIÓN "AMIGOS DA TERRA DE MONTES"

 

SAÚDO DO PRESIDENTE

A Terra de Montes é un concepto que hoxe serve para unir entorno a si aos que comparten esta orixe, a herdanza ou simplemente a simpatía con aqueles que promovemos a memoria dunha historia común nesta terra.

A asociación de amigos debe, según eu penso, xuntar a cantos queiran acompañarnos a coñecer mellor a nosa terra promovendo estudos, celebracións e proxectos que xiren arredor desta idea central “Terra de Montes”. 

A Terra de Montes non é mellor nin peor ca outra terra, pero é a que herdamos como outeiro desde donde mirar para o mundo, estudala e comprendela fai que a queiramos máis e queiramos as xentes coas que a compartimos. 

A Asociación de Amigos da Terra de Montes promove estudos e actividades que profundizan no entendemento da nosa historia e cultura, organiza e realiza homenaxes a aqueles referentes da nosa sociedade que encarnan os valores que compartimos e que fundamentan a nosa convivencia e tamén celebra a Xuntanza Anual na que todos festexamos eses valores e a nosa amizade fortalecida co traballo a prol do que nos une.

Como presidente traballarei no mantemento e fortalecemento desta idea, a amizade fundada en compartir o coñecemento e o respecto da Terra de Montes. Para iso traballarei para consolidar a estrutura da asociación para que teña maior capacidade de actuación e menor risco de perderse na globalización. 

Invítovos a colaborar coas vosas aportacións, é a mellor forma de ser “amigo da Terrra de Montes”, sentídevos libres de enviar as vosas reflexións ó noso correo ou Facebook. 

Tomás José Sancho Candedo

O Presidente

Aso.: Tomás José Sancho Candedo

 

 

Última actualización Diciembre de 2021

Desarrollado por Saro Rodriguez Programación y Hardware

 

www.sarorodriguez.com

sarorodriguez@mundo-r.com